<$BlogRSDUrl$>

15 março 2005

Compartir para difundir 

En CulturaGalega fanse eco dunha iniciativa ben interesante en Vilagarcía, convertir o Bookcrosing nun xeito de dinamización da lectura na escola.

A idea consiste a grandes rasgos, en abandoar un libro nalgún punto de tránsito dunha cidade, para que quen o atope, o lea e repita o proceso. Un xeito de crear redes de lectura, onde a sociedade exerce de punto de encontro.

A mín paréceme unha idea xenial, un xeito de xenerar interese e curiosidade.

14 março 2005

A visión oficial da educación en tecnoloxía 

Ó fío da nova pola que debemos felicitar ó CEIP Eugenio López de CEE, permítome citar unha visión máis que novedosa da necesidade de incorporar as novas tecnoloxías á educación:
-¿É a informática o futuro da educación?

-De feito xa está presente, e en Galicia cunha ratio ordenadores-alumnos superior a española. Un dos grandes males do sistema educativo é o peso dos libros. Os nenos van cargados con bolsas que lles poden dar problemas lumbares. Os ordenadores portátiles poderían chegar a substituir ós libros de texto, tendo un disco duro con contidos especiales. O mesmo que temos un programa para dar libros de texto gratis, poderíamos dar tamén ordenadores portátiles. Non o vexo como un futuro moi lonxano.

Celso Currás



This page is powered by Blogger. Isn't yours?