<$BlogRSDUrl$>

29 janeiro 2004

Presentación nacional de Ciberligua 

O vindeiro venres 30, celebrarase a presentación oficial do proxecto Ciberlingua, para este novo curso.

Será na casa do concello de Pontevedra, ás 12 da mañá.

Lembrade que xa está aberto o plazo para matricularse nos obradoiros, consultade as datas da vosa vila.

27 janeiro 2004

Os cadernos están de moda 

A edición dixital de A Nosa Terra, ven de adicarlle un artigo ós cadernos de bitácora... ainda que agora parece que xa temos un nome proprio blogmillos

23 janeiro 2004

O noso chat 

Andamos a probar un novo chat, sobre web...

O chat de Ciberlingua

A ver que che parece. Mándame as túas suxerencias e/ou comentarios.

21 janeiro 2004

A historia interminábel 

Lembrades aqueles libros de Timun Más "Elige tu propia aventura", na que en cada folla escollíamos o que iamos facer a continuación.

Pois agora somos nós os que decidimos o que vai pasar :

A historia interminabel de Ciberlingua

19 janeiro 2004

Matricula nos obradoiros de ciberlingua 

Aberto o prazo de matricula para os obradoiros de ciberlingua, tedes as datas e lugares para inscribirse, na paxina de ciberlingua.

Hai limite de prazas, asi que a apurarse!

Cibernós comeza!!! 

En Proxecto Cibernós está un novo proxecto de Ciberlingua, orientado a todos os mestres e alumnos de galicia.

Non vos vou explicar o que é, así que a visitalo... e a apuntarse!!!

15 janeiro 2004

Internet? ... pois nin idea! 

O outro día saia nos medios, que a palabra internet fora xa adoptada pola real academia da lingua española. Non vai sen tempo, pero bueno, as cousas de palacio van despacio ;-D

Pois resulta que a real academia da lingua galega, ainda non recoñece o termo: http://www.edu.xunta.es/diccionarios/g/ListaTermos.jsp?IDXT=i0111270

Ímoslle dar tempo!

13 janeiro 2004

compromi S.O.S. 

O tema das bitácoras é demasiado extenso e complexo, para incluir nos obradoiros de ciberlingua, así que imos tomar outro rumbo. Se eres mestre ou alumno, ou pensas facer un caderno de bitácora educativo, e che interesa o tema, só tes que poñerte en contacto comigo, e eiche axudar en todo o que poida, para que saques proveito desta ferramenta. Non son un profesional no tema, pero como seguro que tropezarás nas pedras coas que caín eu antes, igual podo botarche unha man.

Pon aquí os teus comentarios ou mándame un correo electrónico. Veña! A ver se eres o primeiro galego en facer un weblog para a túa escola (creo que de momento non hai ningún, e se o hai, que mo diga!!!)

10 janeiro 2004

Estamos no curso de formación de monitorado 

Este é un exemplo de anotación nun caderno

07 janeiro 2004

Toda a información de Ciberlingua 2004 

Xa está colgada na páxina, toda a información para o novo curso, en canto a datas, lugares, contidos...
Así que xa podes ir apuntándonte ós obradoiros no teu concello. Despois non digas que non te enterache ;-D
Por certo, apeteceme dinamizar isto un pouco, así que vou propoñer algo para comentar:

Un tercio dos profesores non ten coñecementos básicos de informática, segundo o Ministerio de Educación

O Ministerio de Educación puxo os datos sobre a mesa: un de cada tres profesores de Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP declárase completamente descoñecedor do que poderían ser as liñas de base do manexo dun ordenador. De feito, se a informática fose unha linguaxe, a terceira parte do corpo docente podería calificarse de iletrada dende o punto de vista tecnolóxico. Estes son os datos que arroxa a Enquisa piloto sobre Sociedade da Información e a Comunicación nos centros educativos que realizou o Ministerio de Educación segundo datos recompilados durante o curso 2000-2001.
A enquisa, que se fixo en centros públicos e privados de tódalas comunidades autónomas (agás no País Vasco), tamén pon de relieve outros datos a ter en conta: o 54,2% dos profesores autodefínese como usuario, ou sexa que sabe utilizar as ferramentas básicas dos paquetes ofimáticos e ten os coñecementos requeridos para navegar pola Rede e utilizar o correo electrónico.
A maiores, existe unha porcentaxe do 8,7 por cento que manexa con soltura estes sistemas, podéndose encadrar dentro do nivel avanzado de usuario. Por último, un 2,6 por cento declárase como experto.
Polo que respecta á diferencia entre centros privados e públicos, dicir que segundo a enquisa, os primeiros quedan un pouco mellor: é só o 25,4 do profesorado (un de cada catro) privado o que non acada o nivel de usuario.

(Código Cero [www.codigocero.com], luns 13 de outubro de 2003)

Visto isto, ¿que vos parece?

This page is powered by Blogger. Isn't yours?