<$BlogRSDUrl$>

25 fevereiro 2004

Linux nos institutos galegos 

Parece ser que a revolución está chegando a pasos de xigante. Primeiro a ameaza da Mesa, e agora os insitutos galegos, que terán "arranque" dual Windows-Linux (algo que xa estaba no plan Internet en la escuela de Red.es, que non da Xunta)

E digo eu, ¿quen vai ser o valente mestre que vai usar nas súas clases o Linux?

Pasa o de sempre, ¿ou é que primeiro véndense os coches, e logo móntanse as autoescolas?

Por certo, que Blogaliza resucitou, e precisa que lle botemos unha man!

23 fevereiro 2004

Visitas inesperadas 

Un nunca sabe, de onde sae a xente que visita a súa páxina. O Nedstat sorprendeume cunha visita dende Singapur!? Pois un saudo para @ visitante!

Tamén descubrín o traballo que anda a facer unha profe catalana, dentro das novas tecnoloxías. Mención especial ó seu portal Actilingua.

Aproveitei para darlle un lavado de cara ás ligazóns dos cadernos... segue sen haber blogs de mestres, alumnos, clases,... do noso pais!!! A ver se se anima alguén.


18 fevereiro 2004

Sindicarse... ou morrer! 

Francamente, hai moitos máis blogs que me interesan, dos que teño tempo para visitar. Sen embargo, a sindicación, permitiume, poder estar ao tanto das novidades, sen ter que ir visitando cada páxina. Agora, son poucos os cadernos, non sindicados os que visito. Por iso, pareceme interesante, que todo o mundo se entere de que pode gañar un tempo moi valioso, tanto para el coma para os demais. A mensaxe é o importante, e non o mensaxeiro.
Coa colaboración de Sequeirox, fixemos un artigo sobre a sindicación de contidos, na que non se pretende profundizar demasiado, senon máis ben, amosar a potencialidade da sindicación, e a necesidade da mesma. Agardo que sexa de interese e cambie a vosa mentalidade de cara ós weblogs.

Por outra banda, Content Delivery in the 'Blogosphere' é o título dun texto, en inglés (ó final vai ter razón Celso Currás!), que fala sobre os usos e aplicacións dos cadernos de bitácora na educación.

12 fevereiro 2004

Mestre... tes os días contados! 

No último número do xornal Código Cero, hai dous artigos de grande interese para os mestres da nosa comunidade. Un sobre o novo portal educativo da xunta, do que xa falamos. E cunha entrevista a Celso Currás, na que se sinala a prioridade de que os rapaces dominen o inglés!?
E outra unha editorial do rector da Universitat Oberta de Catalunya, Gabriel Ferrat, na que sinala a necesidade de cambiar o xeito de educar, onde a aprendizaxe debe ser sustituida polo ensino.
Fusinando os dous artigos, cheguei á conclusión, de que os mestres deben reciclarse. Hoxe en día, as novas tecnoloxías, e en particular a rede internet, cambia o papel dos mestres. A información cada vez está máis ó alcance de todos, pero precisamos saber cómo chegar a ela, saber buscala, filtrala, adaptala e usala. O xeito tradicional de aprendizaxe, na que o mestre era o "centro do coñecemento" vai trocar, converténdose nun orientador, nun ensinante que permitirá que os seus alumnos atopen os recursos que precisen. O portal da xunta presentase como o nexo de unión de toda a comunidade educativa, na que mestres, alumnos e pais e nais, misturen, fusionen e complementen toda a información que precisen, pero só vai ser unha aportación máis, unha cuncha de ameixa na praia da lanzada.
Outra cousa, e se os mestres de hoxe en día, están ben formados e capacitados en novas tecnoloxías, e serán quen de readaptarse...

10 fevereiro 2004

O controvertido "open source" 

Ultimamente teño un coflicto moral, sobre os programas de código aberto e libre.
Por unha parte penso que o futuro pasa por eles, e está máis que demostrado o seu bo facer, entre outras cousas, porque non se precisa de ninguén para ter os programas na nosa lingua.
Por outra, non hai dúbida de que o cambio non só é de fondo, tamén é de forma, e precisa dun esforzo conxunto.
¿Ti que pensas?

08 fevereiro 2004

Un novo libro sobre Weblogs 

Weblogs - Diário de Bordo é o título dunha nova aportación, en forma de libro, ó mundo dos weblogs. Escrito por Elisabete Barbosa e António Granado grandes coñecederes da potencialidade do xornalismo na internet.

05 fevereiro 2004

Un caderno de bitácora sobre webquest 

Este é un caderno de bitácora que trata sobre os webquest.

Nel descubrín que ademáis de webquest e cazas de tesouros tamén hai viaxes virtuais

Seguro que hai moitas máis actividades que facer pola rede, non?

Noutra orde de cousas, tiña intención de explicar un pouco o que é a sindicación de contidos, que agora anda algo de moda, e que é moi útil.

02 fevereiro 2004

Ferramentas colaborativas para a escola 

O outro día atopei Digital Scribe, que me pareceu interesante. Unha ferramenta de balde, para compartir e mostrar os traballos dos rapaces na escola.

A ver que vos parece, e se sabedes de cousas semellantes, comentádemas.

Por certo, tanto o chat coma a historia interminábel de Ciberlingua, non son exclusividade desta páxina, así que se alguén pensa que pode ser interesante poñela na páxina da súa escola, pode preguntar.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?