<$BlogRSDUrl$>

31 maio 2004

Necesidades blogueiras 

Moita xente vota de menos, poder poñer imaxes en blogger.

Hai moitos "trucos" para poder facelo, dende ter un espacio propio na rede, usar un dos moitos servicios de almacenamento de imaxes, ou usar Hello, un servicio para poder poñer imaxes en bitácoras de blogspot, de balde.

28 maio 2004

Webquest en Ribadeo 

Pese ós malos momentos vividos a semán pasada en Ribadeo, as gañas de facer cousas impuxéronse, e fruto dese interese crearonse varios webquest:

Toponimia galega
A vaca
Lúa
Ampliación da Unuión Europea
Descubre o teu concello
O sindicalismo
As multas de tráfico
Esta ligazón, ten algún erro, a ver se se soluciona :(

27 maio 2004

Buscando... 

Hai buscadores de todo tipo, os máis coñecidos google, yahoo, altavista...

Pero tamén están aparecendo buscadores do máis particular, coma por exemplo Find Forward que parece ser unha ferramenta perfecta para os bitacoreiros. (fonte)

E tamén o que sempre desexamos: un buscador ó que lle podamos preguntar. Chámase Answerbus e dí que funciona con buscas na linguaxe natural... ainda que eu non lle debo saber preguntar ben!

Por outra banda, o portal universitario Universia, tamén se apuntou "á moda" e lanza un servicio en probas, para crear bitácoras. (fonte)

26 maio 2004

Para mostra un botón... 

Xa hai moitas bitácoras funcionando en educación, hoxe quero falar de dúas que cubren duas posicións distintas e que levo observando últimamente:

Aula de Historia, é un weblog, no que maioritariamente o mestre de historia (Mauricio) vai deixando actividades e exercicios para os seus alumnos. Ademáis ten unha boa escolma de ligazóns de interese.

Por outra banda 2DManjon é o punto de encontro dos alumnos de 2º D do IES Padre Manjón de Granada, onde deixan reflexadas todas aquelas cousas que lle pasan diariamente.

Merece a pena dar un paseo por aí...


25 maio 2004

Fin de semán 

O fin de semán pasado, cóntanos engalego, que nos I encontros de innovación educativa en lingua galega, falase entre outras cousas da necesidade dun asesoramento lingüistico para dúbidas sobre a nosa lingua. A AS-PG, colaboradora de Ciberlingua vaino realizar por correo electrónico, no enderezo sendubida (no) as-pg (punto) com.

Tamén en Cosas de Niños, recollen un listado de enderezos feitos por Jose Luis Orihuela, sobre inciativas para unha rede segura para os pequenos.

24 maio 2004

Aprendendo do futuro 

Ser agoreiro é complicado, pero hai cousas hoxe en día que non deben pasar por alto.

En educ.ar lémbrannos que o século XXI precisa de novos profesionais.

E firgoa chámanos a atención sobre o que vai suceder en europa, e cómo debemos actuar.

21 maio 2004

O Wiktionary 

Fai tempo que falara aquí da Wikipedia galega, unha enciclopedia na rede, libre e aberta a que calquera engada os contidos que lle apetezan.

Pois agora tamén temos un Wikcionario galego. A día de hoxe, só ten 2 palabras... pero confiemos en que medre co tempo.

O galego lingua na europa 

Reseñan en firgoa o seguinte aviso recollido por correo electrónico, do que tamén nos debemos facernos eco:

Nesta páxina web recóllense sinaturas electrónicas para a oficialización das linguas de Francia na UE (catalán, vasco, occitano, corso, bretón)

Como sabedes, Francia oponse a que catalán, galego e vasco sexan declarados idiomas oficiais na Unión Europea sobranceiramente para non ter que recoñecer o plurilingüismo do estado francés de ningún xeito oficial. É de supoñer que, canta máis presión fagamos todos os falantes de linguas minorizadas na UE, máis posibilidades haberá de camiñar cara a unha verdadeira diversidade lingüística en Europa.

Isabel Vaquero Quintela
Técnica de Normalización Lingüística

Área de Dinamización Servizo de Normalización Lingüística Universidade de Santiago de Compostela

20 maio 2004

O teu espacio web... en galego! 

O 17 de maio foi un día especial, permítome copiar dende o guebló de Mariano Grueiro:

O que son as cousas.
Cando nos iniciábamos na rede, era normal abrir unha conta nun servicio de Estados Unidos, para facer a tua primeira páxina -que tempos-
Anos despois, hoxe cada vez máis galegas e galegos temos acceso un equipo informático conectado a rede . Non moitos, pero máis que antes.
Os ordenadores van máis rápido, os sistemas operativos non avanzaron moito, e os libres avanzaron moito, e as páxinas persoais dos galegos.....seguen na diáspora.
Non entendo ben porque a emigración dixital segue adiante, pero tiven unha idea.
Por que non evita-la diáspora dixital, dando aloxamento en Galicia
E iniciei un proxecto para dar un enderezo as paxinas persoais: http://persoais.enderezo.com.
Non hay detras unha grande empresa, nen tan sequera institucional . Por suposto que todo apoio seria ben recibido, pero iso non me votou atrás, un sempre esta a tempo de apagar todo.

E posible, de feito agardoo, que alguen se ofrecese ou ben a axudar ou a iniciar un proxecto similar.
So agardo que non se tarden outros oito anos.


Dito está...

19 maio 2004

O caderno de bitácora de Ribadeo 

No obradoiro que se está a celebrar estes días en Ribadeo, para mestres, botaron a andar un novo weblog, no que se conta a andaina diaria de actividades.


17 maio 2004

...un día máis? 

letrasgalegas2004

Novas de educación 

Tomo de eCuaderno, unha escolma de noticias sobre educación, que recopila Stephen's Web. Estas aparecen así...


12 maio 2004

Estos son os nosos políticos 

Para mostra un botón.

10 maio 2004

Hipotecando a educación 

Un artigo de interese en Barrapunto, falanos da hipoteca educativa, que ven de facer o goberno arxentino.
Os paises do sur americano, están nun momento dificil para o progreso en novas tecnoloxías. Brasil, xa deu un primeiro paso en prol do software libre.

Blogger, renova a imaxe engadindo novas plantillas, e modificando a propia páxina web co entorno de traballo. Ademáis xa trae o servicio de comentarios incluido (por fín!) e inclue a ferramenta Blogthis! para facilitar a escritura de novas anotacións.

07 maio 2004

Esos pequenos rebeldes 

Disque os cativos australianos de sexo masculino, son moito máis perigosos que as rapazas!?

E que é preciso diseñar os programas, dependendo do sexo dos usuarios!?

O seguinte paso será separalos, coma nos vellos tempos?


06 maio 2004

I Congreso de software libre 

Comeza hoxe o I congreso de software libre na comunidade valenciana. Un punto de encontro, para o estudio do software libre na educación. Cito:

Entre los objetivos primordiales del “I CONGRESO DE SOFTWARE LIBRE. COMUNIDAD VALENCIANA”, caben destacar la intención de crear un foro de debate que abra perspectivas y contraste experiencias de la implantación del software libre en la educación, y el interés en incentivar y sensibilizar el uso de esta tecnología en el sistema educativo.

Algún día, teremos un Lliurex galego

05 maio 2004

No CESGA estanse movendo 

Como xa di Xose Antón, o CESGA lanza un servicio de axuda a persoas maiores ou con dificultades para achegarse á informática.

Tamén teñen unha mostra "en-liña" sobre a evolución informática, moi interesante e didáctica. Con un percorrido histórico xeral, e máis particularizado en galicia.

Tiñan pensado lanzar un sistema de bitácoras no senso de blogia, ou blogger,... haberá que meterlles presión? ;)
Ou seguir agardando a que alguén se lanze cun sistema de weblogs propio na nosa terra e na nosa lingua.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?