<$BlogRSDUrl$>

30 setembro 2004

Querido mestre: 

Hoxe é un día para lembrarte, polo traballo que realizas diariamente.
Todos temos na memoria un mestre, que definitivamente nos marcou na nosa vida.

Gracias.

28 setembro 2004

Resultados 

O curso de Diseño de contenidos educativos para internet, xa ten resultados na páxina de alternativa.

27 setembro 2004

Congreso 

En fírgoa e octeto, leo a presentación do congreso La educación en Internet e Internet en la educación, para quen lle poda servir, ou resultar interesante.

21 setembro 2004

Bitácoras na educación 

Empeza o curso, e dende aquí dou máis apuntamentos para que se leven a cabo máis bitácoras nas escolas.

...á parte das ligazóns laterais.

17 setembro 2004

As TICs e a docencia 

O inicio do novo curso, e a explosión de cursos, masters, programas, promocións,... para docentes, é todo un.

A fundación Telefónica, segundo conta Código Cero, tamén está a promover un programa para docentes, onde se lles amose a relevancia das TICs (Tecnoloxías da Información e do Coñecemento)

Xornadas de Software Libre na Educación 

Anuncian en Agnix, as primeiras xornadas de software libre na educación, en galicia.

Serán o 23 e 24 de Outubro, debendo preinscribirse nas mesmas, na propia páxina da Agni, onde atoparedes máis información.

14 setembro 2004

Plan de normalización 

O novo plan de normalización lingüistica, da consellería de educación xa ten un borrador que iIncorpora novidades de cara ó ensino. (en culturagalega.org)

Cursos para a educación 

Maria Luis Santos Pascualena, anuncia o comezo do seu curso para a UNED Diseño de contenidos educativos para internet, onde ademáis ofrece unha bitácora de apoio para o curso.

Iniciativa interesante á que haberá que botarlle un ollo.

11 setembro 2004

Corunix 

Dende barrapunto, descubro un proxecto de software libre para as escolas da Coruña, chámase Corunix e está desenrolado por Igalia. Desgraciadamente as inquietudes pola lingua nas novas tecnoloxías, non van parellas, dende este concello.

(No momento de escribir esta nota, as ligazóns de Igalia non funcionaban)

08 setembro 2004

Días mundiais 

Hoxe (mércores) é o día mundial da alfabetización.

Unicef promove a prioridade da eduación das nenas para garantir o dereito á educación.

Que así sexa!


06 setembro 2004

Un novo ano 

O calendario tradicional, debería tal vez, adaptarse ás costumes da xente e comezar en setembro, co inicio do curso académico.

Parece que todo se renova neste mes, pese a que esté máis preto do outono.

O curso escolar comeza e en firgoa fanse eco dos milleiros de ordenadores e demáis productos informáticos adquiridos para as escolas, na andaina anterior.

Agora só queda que se lles saque partido... a ver se é verdade...

This page is powered by Blogger. Isn't yours?