<$BlogRSDUrl$>

29 abril 2004

Por un ensino na nosa lingua 

Varios medios coinciden no éxito da manifestación convocada pola Mesa, que se fixo onte en prol dun ensino en galego.

La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Galicia Hoxe,...

27 abril 2004

Popurrí de novidades 

Ensino en galego fálanos dos premios eLearning 2004.

A xente de ya.com, dispón dun novo servicio de blogs, ó estilo de blogia, segundo comentan en microsiervos.

E xa falara fabián do uso de bloglines, e en kirai explican como usalo (mellor explicado, imposible!)

Bicubic, faise eco da creación, do día internacional das bitácoras!

21 abril 2004

Un par de cousas 

No blog de Ensino en galego, Vicente anda a preparar actividades para as letras galegas, da man do hotpotatoes.

E tanto en Octeto como Firgoa fanse eco dun monográfico de Quaderns digitals sobre WebQuest.

16 abril 2004

Atención a tod@s! 

Xa chegou a bitácora O Redactor dixital!

O redactor dixital

Todas as novidades do CEIP O Piñeiriño, escritas polos mellores xornalistas.

Benvidos, quedamos á espreita de todo o que nos contedes!

¿e tí a que agardas? 

Fai duas semáns comentaba que Fabián estaba preparando a bitácora para todo o colexio (para que os mestres a usasen nas súas clases)

Pois xa está lista, para que saquen todo o proveito desta ferramenta.

Só quixera, que alguén de aquí se animase e se puxese mans á obra, tanto eu coma fabián, estamos dispostos a botarvos unha man.

¿Quen vai ser o/a primeiro/a?

14 abril 2004

Os marcadores de Ciberlingua 

Todo o mundo vai gardando no seu navegador aquelas páxinas que son do seu interese. Pois nós gardámolas nesta páxina...

Nos marcadores de Ciberlingua están os enderezos da guía de recursos, que usamos nas sesións cos rapaces. Bótalle un vistazo, seguro que atopas cousas interesantes.

12 abril 2004

Lexico Galego 

Unha interesante páxina, con abundante léxico galego, e información sobre o tema.

03 abril 2004

Un novo caderno de bitácora sobre o ensino en galego 

Do bo traballo que facía Xosé Antón en En galego, chega agora o weblog que o acompaña.

Haberá que estar pendiente!

Benvido ó blogmillo!

Colaborar, compartir, medrar,... 

Estos días, estiven axudando a Fabián a montar un novo weblog para o seu instituto. Realmente creo que o que máis aprendín fun eu. A conclusión final que saquei, é que o máis importante é ter os ollos ben abertos, que miren moito... e o vexan todo!

Bueno, parece ser que temos ós nosos rapaces moi habituados a internet. ¿Será o momento de que se den conta nos centros de ensino, e actuen en consecuencia?

01 abril 2004

Bitácora do obradoiro de lugo 

No obradoiro de animación informática para o alumnado de Lugo están a usar un weblog, para contar o que fan a diario.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?