<$BlogRSDUrl$>

30 março 2004

Malos tempos para a sindicación en Blogger 

Pois parece ser que o servicio de Blogmatrix, finalmente morreu! Así que a sindicación deste caderno, corre momentos difíciles. (Igual leva moito tempo mortos, así que pido disculpas)

Para os que teñan un lector de Atom, non haberá problemas. Eu seguirei tentando usar Blogstreet, pero se alguén sabe de outro servicio semellante, que me deixe un comentario.

...20 minutos máis tarde...

NOVIDADE: Evidentemente, a alguén se lle tiña que ocurrir crear un traductor ATOM - XML, e ese foi 2RSS. Así que xa tedes a ligazón nova para sindicar este sitio. O GIF animado que pon RSS.

29 março 2004

O foro de ciberlingua 



Bota a andar O foro de Ciberlingua, no que deixarán a súa impresión os participantes nas Sesións de Ciberlingua... e todos aqueles ós que lle apeteza discutir un pouco.

26 março 2004

¿Onde van os nenos? 

Onte, falando co conserxe dun colexio de Betánzos, comentaba que nos últimos 10 anos, descendeu á mitade o número de nenos matriculados (de preto de 2000 a perto de 1000). Hoxe faise eco firgoa e a voz, da campaña que leva a cabo a Plataforma Galega pola Defensa do Ensino Público, para fomentar a matrícula nos colexios públicos, de paso que pidan máis nenos!

Tamén a mesa denuncia, que podemos cambiar o decreto 247/95, por algo máis útil, porque para o caso que se lle fai...

Programiñas interesantes 

No boletín de código cero faise unha referencia a un interesante programa de traducción, o Paxariña translator. Parece resultar moi útil para traducir os ficheiros de linguaxe de outros programas. Boa idea!

E tamén hai un programa interesante para matemáticas e nenos, unha calculadora para pintar. Chámase DiegoIAnúmeros, e consiste en debuxar os números en pantaia, e facer operacións con él. Pode resultar simpático.

25 março 2004

Malos tempos para os mestres... e a LOCE 

Da man de firgoa, enterome de 2 novoas nos xornais, que afectan directamente á comunidade docente.

Agora o xeito de ser director dun centro, ben dictado pola nova lei.

Tamén se presenta o que será o futuro Lliurex, o novo sistema libre, orientado á educación, para Valencia.

Internet ten esas cousas... 

Cando un anda a buscar algo, sempre aparecen outras cousas, que non tiñan nada que ver co que se buscaba, pero que resultan igualmente interesantes.

Desta vez atopei o traballo feito por José M. Ramos González, que se achega bastante ós contidos dos obradoiros de Ciberlingua.

E tamén o de Dolores Fernández Mira, que trata sobre recursos de matemáticas en internet.

23 março 2004

O galego unha moda? 

Dende as páxinas de Cultura Galega, recollen unha nova sobre a opinión do galego na mocidade.

É pritoritario facer ver á xuventude que o galego é sinónimo de futuro, tecnoloxía, ...

18 março 2004

Decepcionado 

En cataluña, parece ser que a escola vive de costas á rede internet, segundo un estudio da UOC.

O peor de todo son algúns dos comentarios que fai a xente sobre tal situación.

17 março 2004

O día dos nenos 

Hoxe atopei duas noticias con protagonistas comúns, que me interesaron especialmente.

A primeira é a romántica, pese a que, de seguro, asustou bastante.

A outra é un toque de atención, para un uso responsable da rede polos nenos.

16 março 2004

Novo número de Edutec 

A revista electrónica de tecnoloxía ven de sacar un novo número, no que cabe salientar un par de artigos.
Un sobre Webquest, de Jordi Adell, e outro de Vivina Brito, sobre o uso dos foros.

Aproveito para sinalar que pronto estará en funcionamento o foro de Ciberlingua.

15 março 2004

En estos días incertos... 

Non puiden escribir nada ata hoxe neste caderno.
E ainda que con un pouco de retraso, e porque hai cousas que non se deben esquecer.
Que nunca máis se repita o que pasou estos días pasados.

Ciberlingua condena os atentados do 11-M

09 março 2004

O foro da discordia 

Bueno o que queira usar o foro, xa está dispoñible.

Duas novas, unha boa e unha mala 

Eu son un pouco escéptico coas novas ferramentas, sobre todo en tecnoloxía, sen embargo hai que probalas. Sobre a sindicación xa falamos, e moita xente fala dos seus beneficios e servicios.

E a mala nova é para os de Xuventude Galicia Net, que parece ser que ainda ben non empezada a inscripción... xa rematou!

Por certo, para os que queiran participar no Cibernós, ainda queda tempo para apuntarse... pero pouco!

06 março 2004

egocentrismo 

(Esta anotación é medianamente persoal, pero pódevos ser moi útil)

Andiven a facer "investigacións" sobre como manter un sitio web "decente" sen gastar un peso...
...e os resultados están aquí.

Hai 3 weblogs (blogger, pMachine e b2) un foro (phpBB) e outra cousa que ainda non sei ben cómo chamarlle (drupal). Todos son programas de balde, todo está hospedado nun sitio de balde, e penso que son ferramentas o suficientemente potentes e interesante, como para que lle interese a alguén coma ti.

Gustaríame recibir comentarios, opinións, suxerencias dúbidas, peticións de axuda,... Pero facedeo ó meu correo electrónico (o de dorfun do lateral), ou con comentarios aquí.

Probablemente faga un tutorial para explicar como se fai... se a alguén lle interesa (especialmente para mestres/alumnos/centros/...)

Graciñas por perder o tempo vendo as tonterias que fago ;-D

04 março 2004

Ventaxas da sindicación 

Fabian ven de facer un magnífico directorio, gracias á sindicación, no que aparecen algúns sitios de interese, e no que se poden ver os contidos sen visitar realmente as páxinas.

Este é un claro exemplo de como a sindicación, permite comprobar diversos weblogs, cun mínimo esforzo.

Pero bueno, hai quen opina o contrario!

03 março 2004

Mundoescuela 

Dende hai tempo veño observando as aventuras de mundoescuela. Non sei realmente se este tipo de actuacións son beneficiosas ou contraproducentes, pero dende logo creo que a admiración e a sorpresa, aparece dende os dous lados da tecnoloxía.

02 março 2004

Xornadas sobre educación e orientación infantil 

Comezan en Santiago este venres as xornadas organizadas pola AS-PG, CIG Ensino e a Consellería de Educación.

Tamén está en Pontevedra, esta semán o Salón do Libro Infantil e Xuvenil.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?