<$BlogRSDUrl$>

28 outubro 2004

O de sempre 

Sintome un pouco pesado, pero insisto no uso das bitácoras na educación, como fai educ.ar en referencia a quaderns digitals ou aulablog21 en referencia a blogpocket.

27 outubro 2004

Aproveitando as aulas 

Ó fío do falado nestes últimos días, tiven a oportunidade de ler o interesante traballo de José Troncoso, que descubrín a partir de Pedro Reina (un dos ponentes nas xornadas).

Non é o único que se preocupa por usar os equipos das aulas, doutro xeito. De feito xa hai xente que tivo éxito nese traballo.

En calquera caso, é de louvanza o interese e o traballo mostrado polos mestres... ás veces pouco correspondido.

25 outubro 2004

As xornadas de AGNIX 

Este fin de semán pasado, celebraronse as primeiras xornadas de software libre na educación en galicia.

Os resultados, ó meu parecer, foron satisfactorios, no senso de que foi un foro de utilidade para a comunidade educativa, no que os que non coñecían tales recursos atoparon cousas moi interesantes. O problema fundamental é o de sempre no mundo GNU/Linux... pese a todo, o cambio, o medo á dificultade e o acomodo informático ó establecido, son ás veces unha barreira dificil de saltar.

Agardo que, cando menos, a algún dos mestres que asistiu, lle picase a curiosidade e tentase xogar con estas alternativas. Dende logo, quedou claro que a comunidade é bastante grande e colaborativa, ademáis de prestarse con énfase na axuda ós demáis para conseguir máis adeptos á causa.

Botei de menos máis aplicacións prácticas directas, exemplos claros e diáfanos, mostras do traballo activo con estes programas. Pero despois do visto fora das nosas fronteiras, alén do telón do grelo, as cousas fanse, funcionan, e funcionan ben... só hai que dar o paso definitivo.

GNIX preséntase como unha posible alternativa con futuro na educación (ou esa foi a intención)... veremos...

Enderezos de software libre interesantes 

Despois das xornadas e de investigar un pouquiño en proxectos educativos de software libre, atopei...

Cor Edux
http://www.cor-edux.org/
O resultado de aplicar o software libre na educación infantil.

Proxecto Ilex
http://www.proyectoilex.org/
Un cd autoarrincable cun gnu/linux, preparado para a eduación secundaria.

Xarnoppix
http://xarnoppix.software-libre.org/
O mesmo, pero feito en cataluña.

A nosa
(próximamente ;D)


19 outubro 2004

Futurible 

Xa o advirte Sekeirox ...o futuro da lingua, empeza dende o punto máis baixo, a escola, e se este corre perigo...

05 outubro 2004

Manifestos 

Os mestres veciños cataláns, veñen de sacar un manifesto polo software libre na educación.

(Lido en barrapunto)

Ecos 

Non será porque non se comenta por aquí, pero que algo falla está claro.

03 outubro 2004

Unha imaxe... 

...vale máis que mil palabras... e mil imaxes...

Na bitácora de "es lo que hay", informan dun video práctico (así coma dun proxecto) sobre o uso do software libre nas clases. É grande (casi 200 MB) pero permite descargarse tamén nas redes P2P.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?