<$BlogRSDUrl$>

25 outubro 2004

As xornadas de AGNIX 

Este fin de semán pasado, celebraronse as primeiras xornadas de software libre na educación en galicia.

Os resultados, ó meu parecer, foron satisfactorios, no senso de que foi un foro de utilidade para a comunidade educativa, no que os que non coñecían tales recursos atoparon cousas moi interesantes. O problema fundamental é o de sempre no mundo GNU/Linux... pese a todo, o cambio, o medo á dificultade e o acomodo informático ó establecido, son ás veces unha barreira dificil de saltar.

Agardo que, cando menos, a algún dos mestres que asistiu, lle picase a curiosidade e tentase xogar con estas alternativas. Dende logo, quedou claro que a comunidade é bastante grande e colaborativa, ademáis de prestarse con énfase na axuda ós demáis para conseguir máis adeptos á causa.

Botei de menos máis aplicacións prácticas directas, exemplos claros e diáfanos, mostras do traballo activo con estes programas. Pero despois do visto fora das nosas fronteiras, alén do telón do grelo, as cousas fanse, funcionan, e funcionan ben... só hai que dar o paso definitivo.

GNIX preséntase como unha posible alternativa con futuro na educación (ou esa foi a intención)... veremos...

This page is powered by Blogger. Isn't yours?