<$BlogRSDUrl$>

20 maio 2004

O teu espacio web... en galego! 

O 17 de maio foi un día especial, permítome copiar dende o guebló de Mariano Grueiro:

O que son as cousas.
Cando nos iniciábamos na rede, era normal abrir unha conta nun servicio de Estados Unidos, para facer a tua primeira páxina -que tempos-
Anos despois, hoxe cada vez máis galegas e galegos temos acceso un equipo informático conectado a rede . Non moitos, pero máis que antes.
Os ordenadores van máis rápido, os sistemas operativos non avanzaron moito, e os libres avanzaron moito, e as páxinas persoais dos galegos.....seguen na diáspora.
Non entendo ben porque a emigración dixital segue adiante, pero tiven unha idea.
Por que non evita-la diáspora dixital, dando aloxamento en Galicia
E iniciei un proxecto para dar un enderezo as paxinas persoais: http://persoais.enderezo.com.
Non hay detras unha grande empresa, nen tan sequera institucional . Por suposto que todo apoio seria ben recibido, pero iso non me votou atrás, un sempre esta a tempo de apagar todo.

E posible, de feito agardoo, que alguen se ofrecese ou ben a axudar ou a iniciar un proxecto similar.
So agardo que non se tarden outros oito anos.


Dito está...

This page is powered by Blogger. Isn't yours?