<$BlogRSDUrl$>

21 maio 2004

O galego lingua na europa 

Reseñan en firgoa o seguinte aviso recollido por correo electrónico, do que tamén nos debemos facernos eco:

Nesta páxina web recóllense sinaturas electrónicas para a oficialización das linguas de Francia na UE (catalán, vasco, occitano, corso, bretón)

Como sabedes, Francia oponse a que catalán, galego e vasco sexan declarados idiomas oficiais na Unión Europea sobranceiramente para non ter que recoñecer o plurilingüismo do estado francés de ningún xeito oficial. É de supoñer que, canta máis presión fagamos todos os falantes de linguas minorizadas na UE, máis posibilidades haberá de camiñar cara a unha verdadeira diversidade lingüística en Europa.

Isabel Vaquero Quintela
Técnica de Normalización Lingüística

Área de Dinamización Servizo de Normalización Lingüística Universidade de Santiago de Compostela

This page is powered by Blogger. Isn't yours?