<$BlogRSDUrl$>

27 maio 2004

Buscando... 

Hai buscadores de todo tipo, os máis coñecidos google, yahoo, altavista...

Pero tamén están aparecendo buscadores do máis particular, coma por exemplo Find Forward que parece ser unha ferramenta perfecta para os bitacoreiros. (fonte)

E tamén o que sempre desexamos: un buscador ó que lle podamos preguntar. Chámase Answerbus e dí que funciona con buscas na linguaxe natural... ainda que eu non lle debo saber preguntar ben!

Por outra banda, o portal universitario Universia, tamén se apuntou "á moda" e lanza un servicio en probas, para crear bitácoras. (fonte)

This page is powered by Blogger. Isn't yours?