<$BlogRSDUrl$>

12 fevereiro 2004

Mestre... tes os días contados! 

No último número do xornal Código Cero, hai dous artigos de grande interese para os mestres da nosa comunidade. Un sobre o novo portal educativo da xunta, do que xa falamos. E cunha entrevista a Celso Currás, na que se sinala a prioridade de que os rapaces dominen o inglés!?
E outra unha editorial do rector da Universitat Oberta de Catalunya, Gabriel Ferrat, na que sinala a necesidade de cambiar o xeito de educar, onde a aprendizaxe debe ser sustituida polo ensino.
Fusinando os dous artigos, cheguei á conclusión, de que os mestres deben reciclarse. Hoxe en día, as novas tecnoloxías, e en particular a rede internet, cambia o papel dos mestres. A información cada vez está máis ó alcance de todos, pero precisamos saber cómo chegar a ela, saber buscala, filtrala, adaptala e usala. O xeito tradicional de aprendizaxe, na que o mestre era o "centro do coñecemento" vai trocar, converténdose nun orientador, nun ensinante que permitirá que os seus alumnos atopen os recursos que precisen. O portal da xunta presentase como o nexo de unión de toda a comunidade educativa, na que mestres, alumnos e pais e nais, misturen, fusionen e complementen toda a información que precisen, pero só vai ser unha aportación máis, unha cuncha de ameixa na praia da lanzada.
Outra cousa, e se os mestres de hoxe en día, están ben formados e capacitados en novas tecnoloxías, e serán quen de readaptarse...

This page is powered by Blogger. Isn't yours?