<$BlogRSDUrl$>

07 janeiro 2004

Toda a información de Ciberlingua 2004 

Xa está colgada na páxina, toda a información para o novo curso, en canto a datas, lugares, contidos...
Así que xa podes ir apuntándonte ós obradoiros no teu concello. Despois non digas que non te enterache ;-D
Por certo, apeteceme dinamizar isto un pouco, así que vou propoñer algo para comentar:

Un tercio dos profesores non ten coñecementos básicos de informática, segundo o Ministerio de Educación

O Ministerio de Educación puxo os datos sobre a mesa: un de cada tres profesores de Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP declárase completamente descoñecedor do que poderían ser as liñas de base do manexo dun ordenador. De feito, se a informática fose unha linguaxe, a terceira parte do corpo docente podería calificarse de iletrada dende o punto de vista tecnolóxico. Estes son os datos que arroxa a Enquisa piloto sobre Sociedade da Información e a Comunicación nos centros educativos que realizou o Ministerio de Educación segundo datos recompilados durante o curso 2000-2001.
A enquisa, que se fixo en centros públicos e privados de tódalas comunidades autónomas (agás no País Vasco), tamén pon de relieve outros datos a ter en conta: o 54,2% dos profesores autodefínese como usuario, ou sexa que sabe utilizar as ferramentas básicas dos paquetes ofimáticos e ten os coñecementos requeridos para navegar pola Rede e utilizar o correo electrónico.
A maiores, existe unha porcentaxe do 8,7 por cento que manexa con soltura estes sistemas, podéndose encadrar dentro do nivel avanzado de usuario. Por último, un 2,6 por cento declárase como experto.
Polo que respecta á diferencia entre centros privados e públicos, dicir que segundo a enquisa, os primeiros quedan un pouco mellor: é só o 25,4 do profesorado (un de cada catro) privado o que non acada o nivel de usuario.

(Código Cero [www.codigocero.com], luns 13 de outubro de 2003)

Visto isto, ¿que vos parece?

This page is powered by Blogger. Isn't yours?