<$BlogRSDUrl$>

07 junho 2005

Presentación de Aulablog 

Aulablog.com: Un lugar de encontro para docentes
interesados nos Blogs

Un grupo de persoas, con experiencia no uso educativo das TIC ven de unir as súas forzas para crear un sitio Web destinado a todos aqueles docentes que desexan iniciarse na publicación de contidos na Rede a través dun blog ou bitácora.

Aulablog.com é un portal temático sobre a aplicación da Tecnoloxía Dixital na aula que se centra especialmente no uso educativo dos weblogs e no que todos os docentes poden colaborar cas súas propias aportacións.

En Aulablog.com pódense atopar ideas e recursos para
iniciarse no mundo dos Blogs e sacarlles o máximo proveito como ferramenta educativa: información sobre os distintos sistemas de publicación; experiencias cos blogs na aula; ligazóns a servizos para a creación de blogs; tutoriais; trucos; complementos, etc.
Este portal dispón ademais dun foro e un sistema de comentarios nos seus artículos, nos que os usuari@s teñen a posibilidade de opinar, debatir e preguntar.

O proxecto Aulablog comezou a xestarse no Foro de aulablog21 en xaneiro de 2005 e dende entón os seus creadores veñen colaborando para demostrar a todo o mundo como coa ilusión e as gañas dun pequeno grupo de persoas e traballando na distancia se pode axudar na mellora da formación en TIC de profesores e alumnos.

Estades todos convidados a rexistrarvos e a particiar no seu desenvolvemento e mantemento, aportando todos os contidos relacionados co tema que consideredes oportuno; e por suposto, estades convidados a participar nos foros abertos ou que desexedes propoñer.

Benvidos a Aulablog.
Carlos Santos

Membro fundador de Aulablog.com

vía Sekeirox

03 junho 2005

Curso para mestres 

Un amigo do IES CHao do Monte, recoméndame esta ligazón do mestre Juan Marcos Filgueira, na que podemos atopar un interesante:

Curso de informática básica para profesores

Gracias Marcos!

21 abril 2005

Pintando a medias 

Na bitácora de Anibal de la Torre amósase unha ferramenta fascinante. Consiste nunha pizarra virtual na que poder pintar, de xeito que ese debuxo poda ser continuado... e incluso compartido ó mesmo tempo!!! Podedes probalo neste enderezo: Imagination Cubed

10 abril 2005

Iniciativa a divulgar... 

Hola:

Soy Manuel Morán, profesor de FP de Sistemas y Aplicaciones Informáticas en el IES Chan do Monte de Marín. Los que asistiéseis a la primera conferencia de las I Xornadas de Software Libre na Educación en Galicia (XSLE) puede que me recordéis por ser el primero de los conferenciantes.

Recientemente estuvimos unos compañeros de mi IES y yo visitando el IES Espiñeira de Boiro donde queríamos conocer el sistema del que disponían allí (programas de contabilidad en software libre). Tras un beneficioso intercambio de información, serán los compañeros de Boiro quienes vengan a Marín pues nosotros también tenemos sistemas que les interesan (sistema de ficheros en red con integración windows/linux y acceso desde casa al IES).

Estos viajes son muy beneficiosos, pero echamos en falta un elemento de comunicación rápido y accesible, por el cual pudiésemos estar al día de nuestras actividades, consultar preguntas sobre el software libre a cualquier nivel técnico, pero desde la perspectiva de la enseñanza no universitaria.

Para ello, acordamos crear una lista de correo llamada [softlibre-edugal] en la cual tengan cabida todas estas consultas e intercambios de información, aprovechándonos de la rapidez y versatilidad de la red.

Por tanto os invito a que os suscribáis enviando un e-mail vacío a la dirección:

softlibre-edugal-subscribe@yahoogroups.com

Es importante que sepáis que _NO ES NECESARIO_ tener una cuenta en Yahoo, y que podéis por tanto contestar al mensaje de verificación siguiendo la segunda alternativa que se os da. Los archivos de la lista serán públicos salvo que se acuerde otra cosa.

Siempre puede uno probar, y luego desuscribirse en cualquier momento. A quien no le interese, le pido disculpas por las molestias.

No dudéis en difundir la iniciativa a quienes creáis conveniente.

Un saludo

--
################# mmv@edu.xunta.es #####################
# Manuel Moran Vaquero # IES Chan do Monte - Marín #
# PGP key: pgp.mit.edu # www.geocities.com/mmv.geo #
########################################################

15 março 2005

Compartir para difundir 

En CulturaGalega fanse eco dunha iniciativa ben interesante en Vilagarcía, convertir o Bookcrosing nun xeito de dinamización da lectura na escola.

A idea consiste a grandes rasgos, en abandoar un libro nalgún punto de tránsito dunha cidade, para que quen o atope, o lea e repita o proceso. Un xeito de crear redes de lectura, onde a sociedade exerce de punto de encontro.

A mín paréceme unha idea xenial, un xeito de xenerar interese e curiosidade.

14 março 2005

A visión oficial da educación en tecnoloxía 

Ó fío da nova pola que debemos felicitar ó CEIP Eugenio López de CEE, permítome citar unha visión máis que novedosa da necesidade de incorporar as novas tecnoloxías á educación:
-¿É a informática o futuro da educación?

-De feito xa está presente, e en Galicia cunha ratio ordenadores-alumnos superior a española. Un dos grandes males do sistema educativo é o peso dos libros. Os nenos van cargados con bolsas que lles poden dar problemas lumbares. Os ordenadores portátiles poderían chegar a substituir ós libros de texto, tendo un disco duro con contidos especiales. O mesmo que temos un programa para dar libros de texto gratis, poderíamos dar tamén ordenadores portátiles. Non o vexo como un futuro moi lonxano.

Celso Currás



23 fevereiro 2005

Humor no colexio 

Algunha editorial xa tiña feito libros que recopilaban curiosidades escritas por rapaces na escola... pero agora temos a versión en liña das aventuras que no IES Pintor Colmeiro de Silleda están a vivir algúns mestres cos seus alumnos... para escachar coa risa!!!

This page is powered by Blogger. Isn't yours?